Terra
De Músicos
Terra
de Montes, terra de músicos
Este
recuncho vai a ser unha
pequena homenaxe a tódolos
gaiteiros da Terra de Montes
xa que a maioria deles non
eran famosos pero si populares
e coñecidos, e gracias a eles
tódalas festas e romerías
estaban amenizadas. Mantiveron
a música da gaita viva
durante moitos anos e nos
deixaron un gran legado
cultural (repertorio, técnicas,
vestiario...).
Xa o decía a cantiga:
A
Terra de Montes ten
de todo coma en botica
bos canteiros, bos gaiteiros
e bos cregos para dicir misa.
Os nosos gaiteiros
Dende
fai moito tempo, na Terra de
Montes, hai unha ligazón moi
forte coa música, dende
gaiteiros ata bandas de música.
Os gaiteiros máis coñecidos
foron Os Gaiteiros de Soutelo
e o gaiteiro de Sorribas (Adelino
Pichel), ainda que nos pobos
destas terras tamén había
gaiteiros.
O
primeiro gaiteiro que temos
noticia na Terra de Montes é
de Diego de Cana, de Pardesoa.

Avelino
Cachafeiro, membro dos
Gaiteiros de Soutelo.
No
concello de Cerdedo tamén hai
moita tradición musical,
sobre todo polas bandas de música,
chegando a haber dúas bandas
ao mesmo tempo. Ainda que tamén
se deron gaiteiros e
pandereteiras, coma en Barro
de Arén, onde se realizaban
ruadas. Incluso os Gaiteiros
de Soutelo fixeron unha
referencia a este sitio, na
“Foliada de Barro de Arén”,
peza que tocaban e incluso a
chegaron a grabar.
Tense
referencias de ruadas e de
festas onde sempre había música,
ou de bandas ou gaiteiros.
O
tema das palletas e dos pallóns
corría a conta dos gaiteiros,
é cada un era o seu propio
artesán. Incluso se ten
referencia de que algúns
gaiteiros da zona de Cerdedo
facían eles os seus propios
foles. As gaitas coas que
tocaron Ramón José
Lavandeira Limeres e Elías
Sueiro Sieiro foron feitas en
Riobó, A Estrada.
Máis gaiteiros desta zona
eran:
- José María conocido coma o
"Porqueiro" (alcume
dado pola súa profesión) ou
coma o "Misiegho"
(era unha persoa cega) –
Cerdedo.
- Francisco González
“Majito” – Cerdedo
- Cesario Troitiño Beiro -
Cerdedo
- José Mª. Cadavid
Cachafeiro (gaita e caixa) -
Cerdedo
- Manuel Cerdeira Rodríguez (Cerdeira
"o vello") - Cerdedo
- Valentín Durán Sieiro -
Cerdedo
- Xulio Durán Sieiro (Gaiteiro,
saxofonista, e actualmente é
o organista da coral de
Cerdedo) - Cerdedo
- David Paz Cachafeiro (Caixa,
ten tocado cos gaiteiros de
Soutelo) - Cerdedo
- Manuel Paz Ogando - Cerdedo
- Salvador Cerdeira, século
XIX. - Cerdedo
- Francisco Moreira Regueiro,
nado o 15 de Outono de 1884.
Comprou a gaita en Bugarín en
1905 e pagou por ela 12.50
pesetas e polo tambor 2.50
pesetas - Cerdedo
- Ramón José Lavandeira
Limeres – Cavenca
- Elías Sueiro Sieiro –
Cavenca
- Aurelio Varela – A Revolta
- Herminio Varela Nieto – A
Revolta
- Antonio “do Lagarto” (foi
alcalde do concello de Cerdedo)
- Limeres
- José María Lavandeira Durán
- Limeres
- Antonio Troitiño Sieiro
(Tocaba o bombo) – A Revolta
- Jesús Troitiño Sieiro
(Tocaba a caixa) – A Revolta
- Asensio Prado, coñecido
coma "O manco de
Vichocuntín" - Vichocuntín
- Lealdino Fernández Nieto
(Gaita e caixa) - Bugarín
- Serafín Fernández Nieto -
Bugarín
- Xosé Fernández
(1875-1940). Acompañábano
Victoriano e Aleixandre -
Bugarín
-Lealdino Fernández Nieto
(1912- ). Acompañábano
Francisco Bouzas e José
Obelleiro - Bugarín
- Samuel Reveglia, nado no
1908. O apelido é de orixe
napolitano. En 1938 foi membro
da lexión Condor, en interviu
na guerra civil cos Nazis -
Bugarín
- Perfecto Fontenla, 1906.
Acompañábano Xosé Fernández
e Serafín - Bugarín
- Emérito - Chamadoira
- José Cortizo (Toca o
tambor, tamén toca a
pandeireta na asociación de
veciños de Barro de Arén) -
Barro de Arén
- Celso Regueiro Quintillán,
século XIX. - Tomonde
- Andrés de Vilar, gaiteiro
nacido en Santa María de
Grova, 1570. Acompañábano
Xacome Sieiro (tambor). Estivo
contratado de por vida en
Cerdedo para tocar os días do
Santisimo San Xoán, O Rosario
e San Roque.
Desta lista chegaron a formar
grupo: Elías, Herminio,
Antonio e Jesús.
Ramón
José Lavandeira Limeres
Pola
zona do Concello de Forcarei
tamén hai unha forte tradición
musical, xa non so tanto de
gaiteiros, tamén de
acordeonistas:
- “O Capador de Muras”,
residente en Muras (Forcarei)
- Francisco Cachafeiro coñecido
coma o “Buche” de
Millerada (recentemente
falecido)
- O gaiteiro de Sorribas (Adelino
Pichel)
- O gaiteiro de Sotuelo
(Avelino Cachafeiro)
- Jesús Campos (Residente en
Chamosa, gaiteiro e
acordeonista, un dos membros
do grupo “Os Diplomáticos
do acordeón)
- José Cachafeiro, "O
Maduro" (gaiteiro e
acordeonista)
- Jaime Barreiro (gaiteiro e
acordeonista, xa falecido) -
Forcarei
- Xoán López, nado en San
Martín, en 1572 - Forcarei
- Manuel Cabada (O gaiteiro de
Seoane) - Seoane
- Tomás Villaverde, nado no
1572, ganaba ó ano 50 reás -
Acibeiro
- Avelino Alverte (Mestre de música,
foi o director do grupo Os
Gaiteiros de Soutelo durante a
década dos 90. Actualmente é
membro do grupo Os Diplomáticos
do acordeón, onde toca o
acordeón)
- Xoán Cachafeiro, nado en
Soutelo de Montes principios
do século XIX, era o avó do
gaiteiro de Soutelo.
- Fermín Cachafeiro, nado en
1868. Aprendeu a tocar co seu
pai (Xoán), e acompañou ós
fillos: Avelino, Bautista e
Fermín cando alcanzaron os
maiores éxitos (1920-1930).
- Diego da cana, nado en
Pardesoa, século XVI. Deste
vello gaiteiro aínda se
escoita en Pardesoa unha
cantiga que di:
Toca gaiteiriño toca
toca sin te cansare,
cás mociñas de Pardesoa
non che paran de beilare.
Adelino
Pichel foi un gran gaiteiro,
ainda que non acadou a fama do
gaiteiro de Soutelo na súa época.
Unha das composicións deste
gaiteiro foi a “Muiñeira de
Forcarei”, peza máis que coñecida
no mundo da gaita.

Poemas

Voando
co as aas da vida
O gaiteiro toca a gaita,
a muller toca o tambor,
os fillos tocan o bombo
o can ládralle o roncón
- -
Toca, gaiteiriño, toca,
meniñas, correi a velo
que é moita gaita a gaitiña
do "Gaiteiro de Soutelo"
- -
Eu, máis alá do morrere
rexurdirei tocando a gaitiña
¡na longa gaiola do vento
co froleo da ialma miña!
- -
Cando saibas que morrín,
gaitiña, miña gaitiña,
desperta a miña alborada
que toco pra Rosalía ...
Que dorme no teu punteiro
cos meus dedos tapadiña.
Voando co as aas da vida
(Avelino
Cachafeiro)

Información
obtida de:
"Cotaredo"
Revista cultural e turística
do Concello de Forcarei (www.forcarei.net).
"Canteiros e artistas da
Terra de Montes"
Autor: Antonio Rodríguez Fraíz.
Recollida
particular de Rubén Troitiño
e Xosé Luís Troitiño
membros da Asociación
Cultural.