Os
integrantes desta formación
son os vecinos dun pobo
situado no concello de Cerdedo,
esta localidade é coñecida
como Barro de Arén. Nesta
asociación de veciños vese a
tradición no estado máis
puro, con cantares típicos da
zona da Terra de Montes,
cantados e tocados respectando
a súa forma máis antiga, xa
que moitos dos cantares que
eles interpretan coñecéronos
sendo uns rapaces. Moitas das
coplas son autóctonas da zona
e fan referencia a vida cotiá
ou a lugares dos arredores
nombrándoos ou recordando
momentos históricos.
Nese
lugar aínda se fan ruadas,
nas cales cantan e bailan
todos e pasan ratos agradables
entre os vecinos. Adoitan
reunirse no chamado Teleclub,
un local social de reunións.
Foliada
de Barro de Arén,
interpretada polos gaiteiros
de Soutelo. Incluso a chegaron
a gravar. Nunha das súas
partes falan do lugar de Barro
de Arén, nome que deu título
a peza.