Menú
 

















Benvidos á páxina web da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo"

 

 

Novas

 

Os Abrentes na festa da Peregrina en Pontevedra
08/08/11

         O próximo sábado día 20 Os Abrentes de Cerdedo estaremos no recinto histórico de Pontevedra participando no ciclo "Música de tabernas". Dito ciclo comezará o venres 19 coas actuacións de Foula de Cotobade e Os Alegres de Pontevedra ás 21:15h. O sábado, e pechando o ciclo, actuaremos Os Abrentes de Cerdedo coa nosa charanga tradicional e Lume na Lareira.



"I Certamen Ricardo Portela de escolas de música tradicional"
27/06/11

         O próximo sábado día 2 de Xullo celebrarase en Viascón o "I Certamen Ricardo Portela de escolas de música tradicional" cos seguintes grupos:

· As Chaneiras de Marín
· Os Chaneiros de Marín
· Os Abrentes de Cerdedo - Grupo de gaitas
· Foula (Cotobade)



"I Festival de Música tradicional" en Cerdedo
20/04/11

"I festival de música tradicional de Cerdedo" cos seguintes grupos:

· As Chaneiras de Marín
· Os Abrentes de Cerdedo - Grupo de gaitas
· As Pandeireteiras de Quireza (Cerdedo)
· Os Alegres de Pontevedra
· Maianas (Ames)
· Os Abrentes de Cerdedo - Charanga tradicional
· A Requinta da Laxeira (Vedra)

Día 30 de Abril ás 20:30h. no Centro Cultural de Cerdedo (auditorio municipal). Entrada gratuita.

Organiza
Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo
Pandeireteiras de Quireza

Colabora
Concello de Cerdedo



A "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" na VI Festa do Xabarín (Cerdedo)
20/04/11

         Participación da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" na VI Festa Gastronómica do Xabarín de Cerdedo, o día 24 de Abril, coa actuación do "Grupo de gaitas tradicionais Os Abrentes de Cerdedo" (11:30 e 15:00h).

         Ademáis, por terceiro ano a "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo" terá un stand de música tradicional expoñendo o seu traballo (instrumentos, partituras, fotografías, videos...).

         Tamén poderedes mercalo libro "As bandas de música de Cerdedo":

Título: "As bandas de música de Cerdedo"
Idioma: Galego
Autor: Manuel Campos Toimil
Colaboran: Xosé Luís Troitiño Lavandeira e Rubén Troitiño García
ISBN: 978-84-614-3859-4
Edición: Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo (1ª Edición: Outubro 2010)
Impresión: Nino Centro de Impresión Dixital
Depósito Legal: C 2926-2010
Páxinas: 270
Prezo: 20€



A "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" no "III Festival Val da Maía"
08/03/11

         O vindeiro sábado 19 de Marzo celebrarase o "III Festival Val da Maía" na Casa da Cultura en Bertamiráns (A Coruña) ás 20:00 horas. A "A. C. Os Abrentes de Cerdedo", entre outros grupos, foi convidada para participar neste festival onde intervirá o seu grupo de gaitas.

         Os grupos invitados para este festival son: 

· Tirabeque (A Estrada)
· Os Alegres (Pontevedra)
· Follas Novas (Ames)
· Verdegaio (Ames)
· Os Abrentes de Cerdedo (Cerdedo)
· Maghúa (A Coruña)
· Maianas (Ames)



Resumo da presentación do libro "As bandas de música de Cerdedo"
29/11/10

         O pasado Sábado día 27 de Novembro ás 19:30 celebrouse a presentación do libro "As bandas de música de Cerdedo" do autor Manuel Campos Toimil (colaboran Xosé Luís Troitiño e Rubén Troitiño) no Centro Cultural de Cerdedo (Auditorio). A este acto sumáronse unhas 120 persoas que se achegaron ao auditorio municipal.

         A presentación abriuse coas palabras do presentador do acto, Roberto Vázquez e foi seguido dun video explicativo sobre o libro. O autor, Manuel Campos, falounos da súa estructura e fíxonos un pequeno esquema de tódalas bandas de música que existiron en Cerdedo. Tamén se sumaron a esta presentación algún dos músicos daquelas bandas coma Julio Durán, Pepe Varela, Pepe Iglesias, Nicolas García e Eduardo Troitiño os cales contaron en primeira persoa algunhas das vivencias daqueles tempos. Foron entregados exemplares dos libros a estos músicos por ser os informantes principais para a elaboración deste traballo. Tamén foron entregados o libro "As bandas de música de Cerdedo" a: Representante da Banda de música Unión de Campolameiro (entrega Manuel Campos) e ao "Concello de Cerdedo" (entrega Rubén Troitiño, Presidente da "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo" e recolle o Sr. Alcalde-Presidente da Corporación Municipal de Cerdedo D. Silvestre José Balseiros Guinarte).

         Esta presentación rematou coa actuación da Banda Unión Cultural de Campolameiro.

 
 



Entrevista a Manuel Campos no programa "Folk in Trio" de Cuac FM
28/11/10

         Entrevista a Manuel Campos Toimil, autor do libro "As bandas de música de Cerdedo", no programa "Folk in Trío" de Cuac FM.

103.4 FM (A Coruña) - http://www.cuacfm.org
Venres de 16 a 17 horas

        



Presentación do libro "As bandas de música de Cerdedo"
16/11/10

         Presentación do libro "As bandas de música de Cerdedo" do autor Manuel Campos Toimil no Centro Cultural de Cerdedo (Auditorio) o Sábado 27 de Novembro ás 19:30h.

Contará coa actuación da banda Unión Cultural de Campolameiro.

Organiza
Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo

Colabora
Concello de Cerdedo
Unión Cultural de Campolameiro

      



Novo libro: "As bandas de música de Cerdedo" xa á venda!!
01/11/10

         As bandas de música marcaron un século enteiro da vida sociocultural de Cerdedo. No período que abrangue a segunda metade do século XIX e a primeira metade do XX funcionaron nesta vila alomenos catro bandas de música, ás veces de xeito simultáneo. Ademais, os músicos de Cerdedo mesmo fundaron bandas en outras localidades, coma Campo Lameiro ou A Cañiza. A pesares dunha historia musical tan prolífica, as referencias bibliográficas ao respecto son tan escasas que poden ser consideradas como anecdóticas.

         "As Bandas de Música de Cerdedo" é o resultado de máis de cinco anos de pescudas levadas a cabo por tres compoñentes da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo". Nesta obra, téntase reconstruir a historia das bandas cerdedenses nun apaixonante percorrido que nos leva a rememorar multitude de situacións e anécdotas. A historia das bandas é tamén a daquela xente que formaba parte delas. Así, ademais presentar a todos os directores, apórtanse datos biográficos de preto de 140 músicos que formaron parte dalgunha destas agrupacións. Todo isto ilustrado cunha gran cantidade de fotografías, a meirande parte delas con máis de 50 anos de antigüidade.

           

Título: "As bandas de música de Cerdedo"
Idioma: Galego
Autor: Manuel Campos Toimil
Colaboran: Xosé Luís Troitiño Lavandeira e Rubén Troitiño García
ISBN: 978-84-614-3859-4
Edición: Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo (1ª Edición: Outubro 2010)
Impresión: Nino Centro de Impresión Dixital
Depósito Legal: C 2926-2010
Páxinas: 270
Prezo: 20€

Para máis información: www.osabrentes.com ou www.asbandasdemusicadecerdedo.osabrentes.com



Videos da Charanga Tradicional "Os Abrentes" na Foliada do Demo
27/08/10

         Actuación da Charanga Tradicional "Os Abrentes de Cerdedo" na "Foliada do demo - Revive as verbenas populares dos anos 50" o día 23 de Agosto (2010) na localidade de Pontevedra (Praza da Pedreira ), compartindo esceario con:

Os Chichisos (Pontevedra)
Os trebellos (Morrazo)

         Podedes ver máis videos coma este na sección "Descargas".



Foliada do Demo, revive as verbenas populares dos anos 50
17/08/10

Foliada do demo, revive as verbenas populares dos anos 50

· Os Trebellos do Morrazo
· Os Chichisos de Pontevedra
· Charanga tradicional Os Abrentes de Cerdedo

         Luns 23 de agosto de 2010 ás 21:30h na Praza da Pedreira (Pontevedra) ven, vístete daquela época e revive as verbenas populares dos anos 50.

¡¡¡Vístete daquela época, ven bailar!!



Stand de música tradicional na V Festa do Xabarín (Cerdedo)
26/04/10

         Por segundo ano a "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" montou un stand de música tradicional na Festa do Xabarín expoñendo tanto o seu traballo (instrumentos, partituras, fotografías, videos...) coma un adianto do libro "As bandas de música de Cerdedo".

         Dende a "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" queremos dalas gracias a Sinda por deixarnos varias pezas de roupa tradicional, á "Asociación de mulleres Nós Mesmas" pola bandexa de doces, a Remedios Toimil polas botellas pintadas a man adicadas ó grupo, a Mª Asunción García pola súa inestimable axuda e tamén ao grupo "A Roda" por deixarnos colaborar con eles.

   



A "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" na V Festa do Xabarín (Cerdedo)
23/04/09

         Participación da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" na V Festa Gastronómica do Xabarín de Cerdedo, o día 25 de Abril, coa actuación do "Grupo de gaitas tradicionais Os Abrentes de Cerdedo" (11:30 e 15:00h).

         Ademáis, este ano por segunda vez, a "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" terá un stand de música tradicional expoñendo o seu traballo (instrumentos, partituras, fotografías, videos...) coma un adianto do libro "As bandas de música de Cerdedo" que verá a luz nos vindeiros meses.



Novidades informáticas na "A. C. Os Abrentes de Cerdedo"
21/02/10

         A "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo" síguese adaptando as novas correntes e novidades informáticas. 

         Despois da creación dunha canle de videos no portal "Youtube", unha páxina no "Myspace"... agora a "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo" únese ás redes sociais "Facebook" e "Tuenti".

  

  



Video de "Os Abrentes" no 70 Aniversario de "Os Alegres" de Pontevedra
15/02/10

         Homenaxe a "Os Alegres" de Pontevedra polo seu 70 aniversario celebrado o día 5 de Decembro no "Teatro Principal" da cidade de Pontevedra . A "A. C. Os Abrentes de Cerdedo", entre outros grupos, foi convidada para participar neste acto.



Mostra do primeiro exemplar do libro "As Bandas de Música de Cerdedo"
20/12/09

         O pasado sábado día 5 de Decembro no "Teatro Principal" da cidade de Pontevedra celebrouse a homenaxe a "Os Alegres" de Pontevedra polo seu 70 Aniversario. A "A. C. Os Abrentes de Cerdedo", entre outros grupos, expuso un pouco do seu traballo realizado así coma tamén a mostra do primeiro exemplar do libro "As Bandas de Música de Cerdedo".



"Os Abrentes" invitados no 70 Aniversario de "Os Alegres" de Pontevedra
10/11/09

         O vindeiro sábado día 5 de Decembro no "Teatro Principal" da cidade de Pontevedra celebrarase a homenaxe a "Os Alegres" de Pontevedra polo seu 70 Aniversario. A "A. C. Os Abrentes de Cerdedo", entre outros grupos, foi convidada para participar neste acto onde intervirá o seu grupo de gaitas.

         Os grupos invitados para esta homenaxe son: 

· Os do luns (Poio)
· Os murgueiros da Xistra (Coruxo)
· Picuiña (Marín)
· Foula (Cotobade)
· Os terribles de Arousa (Arousa)
· Os Abrentes de Cerdedo (Cerdedo)
· Os Chichisos (Pontevedra)
· Val da maia (Ames)

Descargar información da homenaxe



A "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" xa está no Facebook
10/07/09

         Agora a "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo" tamén está no facebook, onde nos poderedes agregar coma amigos e deixar os vosos comentarios. 



As Pandeireteiras de Barro de Arén e Os Abrentes no "Luar" da TVG
10/05/09

         Xa está dipoñible o video da actuación das "Pandeireteiras de Barro de Arén" xunto con tres dos membros da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo", Rubén Troitiño (gaita), Jesús Pérez (tambor) e José Cudeiro (bombo) no programa da TVG "Luar" na presentación da "IV Festa Gastronómica do Xabarín" de Cerdedo na sección "Descargas".



Xa podedes ver a "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" no Alalá da "TVG"
08/05/09

         Xa está dipoñible na páxina da Televisión de Galicia o programa "Alalá" adicado á "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" emitido o 21 de abril.

         Tamén está dispoñible dende o venres 8 de Maio o programa "Alalá" na sección "Descargas" ou na páxina www.youtube.com/osabrentes onde o poderedes ver con mellor calidade de imaxen activando a función .



Stand de música tradicional na IV Festa do Xabarín (Cerdedo)
05/05/09

         Este ano por primeira vez, a "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" co motivo do XV aniversario da asociación montou un stand de música tradicional expoñendo o seu traballo (instrumentos, partituras, fotografías, videos...) coma un adianto do libro "As bandas de música de Cerdedo" que verá a luz nos vindeiros meses.

         Dende a "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" queremos dalas gracias a Jesús Campos e a Mª Asunción García polas suas colaboracions.

   



A "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" na IV Festa do Xabarín (Cerdedo)
23/04/09

         Participación da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" na IV Festa Gastronómica do Xabarín de Cerdedo, o día 26 de Abril, coa actuación da "Charanga Tradicional Os Abrentes" a partir das once e media da mañan e das tres da tarde polo recinto da festa.

         Ademáis, este ano por primeira vez, a "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" co motivo do XV aniversario da asociación terá un stand de música tradicional expoñendo o seu traballo (instrumentos, partituras, fotografías, videos...) coma un adianto do libro "As bandas de música de Cerdedo" que verá a luz nos vindeiros meses.



Xa podedes ver a "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" no Alalá da "TVG"
22/04/09

         Xa está dipoñible na páxina da Televisión de Galicia o programa "Alalá" adicado á "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" emitido o 21 de abril.



A "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" no Alalá da "TVG"
21/04/09

         Hoxe, martes, día 21/04/2009

         Os Abrentes de Cerdedo, con quen estará o "Alalá" esta noite, son os herdeiros dunha inmensa fortuna: a enorme tradición musical que ten a comarca de Terra de Montes, unha zona onde houbo gaiteiros ilustres, como os gaiteiros de Soutelo; acordeonistas de sona; tres bandas de música a un tempo e pandereteiras en cada parroquia.

         Pois ben, cada un dos Abrentes foi recollendo o saber de todos estes mestres para condensalo, ás veces, como grupo de gaitas e outras como charanga. Eles, que son oito, están encantados de ser os continuadores na transmisión de todo este tesouro musical.

         As pandereteiras de Barro de Arén; Jesús Campos o dos Diplomáticos do Acordeón ou o coñecido gaiteiro e artesán Bartolo, son algúns dos mestres destes oito músicos dos Abrentes, entre os que hai un pai e un fillo e dous irmáns. Están convencidos de que a música une as xeracións e como xa a tiñan na casa só tiveron que decatarse do importante que era. Grazas a eles, segue habendo festa en Cerdedo, algo ao que os veciños estaban moi afeitos, pero que nos últimos anos foi indo a menos porque a xente marchou de alí para buscar traballo.

Alalá



A "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" na Televisión de Galicia "TVG"
04/04/09

         Durante o mes de Abril, a "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo" terá duas aparicións na Televisión de Galicia.

         A primeira delas será no programa "Luar" presentado por Xosé Ramón Gayoso e Nieves Rodríguez o venres 17 a partir das dez da noite. Esta actuación será conxunta coas "Pandeireteiras de Barro de Arén" interpretando a peza tradicional "Como che vai miña rosa...".

         A segunda aparición será no programa "Alalá", o martes 21 a partir das nove e media da noite. Este programa será adicado a "A. C. Os Abrentes de Cerdedo", que fará un percorrido pola historia da asociación dende a súa creación ata agora.

Luar            Alalá



Organizadores da "Festa da Vincha" agasallan a "Os Abrentes" polos seus XV anos
23/02/09

         A Asociación de Mulleres "Espadela" agasalla, na "IX  Festa da Vincha" organizada o domingo 22 de Febreiro, a "Os Abrentes" polo seu XV Aniversario cun prato e vaso conmemorativo da Festa e cunha vincha. 

         Dende a "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo" queremos mostrar a nosa gratitude por tal agasallo e felicitar tanto aos organizadores ("Espadela"), patrocinadores ("Medio Rural") coma os colaboradores ("Concello de Pontevedra", "Verbo Xido", "forGA", "CIGA" e "Concello de Cerdedo") pola festa da vincha e animalos a que sigan adiante con tal evento.



Novidades informáticas na "A. C. Os Abrentes de Cerdedo"
06/02/09

         A "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo" síguese adaptando as novas correntes e novidades informáticas. 

         Despois da creación dunha canle de videos no portal "Youtube" presentámosvos unha nova páxina en "Myspace". Tanto nunha coma na outra está a información básica da "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo". As direccións son moi sinxelas:

Myspace
www.myspace.com/osabrentes

YouTube
www.youtube.com/osabrentes

 

  



Comunicado da "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo"
23/01/09

         A "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo" ven de renovar este mes a súa Xunta Directiva. Ao fronte da nova etapa sitúase coma presidente Rubén Troitiño, quen fixo un avance dalgunhas das actividades previstas pola Asociación para conmemorar os XV anos da creación do "Grupo de Gaitas Os Abrentes de Cerdedo". Entre eles destaca a organización dunha ruada en Cerdedo, que terá lugar previsiblemente no vindeiro mes de maio. Tamén se lle pretende dar o pulo definitico ao libro sobre a historia das bandas de música de Cerdedo, no que veñen traballando dende hai varios anos algúns membros da Asociación. Ademáis, para o mes de marzo está previsto que a "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo" participen na gravación do programa "Alalá" da Televisión de Galicia.



Novo video: Cerdedo, percorrido polas súas parroquias



Video promocional do libro "As Bandas de Música de Cerdedo"

www.asbandasdemusicadecerdedo.osabrentes.com



Próxima publicación: "As Bandas de Música de Cerdedo"

         As bandas de música marcaron un século enteiro da vida sociocultural de Cerdedo. No período que abrangue a segunda metade do século XIX e a primeira metade do XX funcionaron nesta vila alomenos catro bandas de música, ás veces de xeito simultáneo. Ademais, os músicos de Cerdedo mesmo fundaron bandas en outras localidades, coma Campo Lameiro ou A Cañiza. A pesares dunha historia musical tan prolífica, as referencias bibliográficas ao respecto son tan escasas que poden ser consideradas como anecdóticas. O libro "As Bandas de Música de Cerdedo" ven a encher este baleiro. Dende a "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo", pensamos que xa vai sendo hora de que Cerdedo comece a recoñecer que ten atrás unha historia musical impresionante. Unha historia que, a piques de ser esquecida, nunca tivo recoñecemento público dabondo.

         "As Bandas de Música de Cerdedo", que verá a luz nos vindeiros meses, é o resultado de máis de cinco anos de pescudas levadas a cabo por tres compoñentes do grupo de gaiteiros "Os Abrentes de Cerdedo". Nesta obra, téntase reconstruir a historia das bandas cerdedenses nun apaixonante percorrido que nos leva a rememorar multitude de situacións e anécdotas. A historia das bandas é tamén a daquela xente que formaba parte delas. Así, ademais presentar a todos os directores, apórtanse datos biográficos de preto de 140 músicos que formaron parte dalgunha destas agrupacións. Todo isto ilustrado cunha gran cantidade de fotografías, a meirande parte delas con máis de 50 anos de antigüidade.

         Compre dicir que "As Bandas de Música de Cerdedo" é un proxecto que vai máis alá do propio libro. Nos anos de investigación recuperáronse e restauráronse algúns dos instrumentos que pertenceran ás diferentes bandas, así como parte das partituras que conformaban os seus repertorios. Trabállase ademais co propósito de recuperar algunhas das composicións para banda dos mestres cerdedenses.

         Se alguén de vostedes pensa que posúe material que poida ser interesante para ser incluído no libro que estamos preparando (fotografías, historias, datos bibliográficos dalgún músico da súa familia, etc.), se están interesados en reservar un exemplar desta obra, ou se desexan obter información adicional non dubiden en contactar con nós, ben ao traveso das direccións que figuran na nosa páxina web www.osabrentes.com (osabrentes@osabrentes.com ou Rúa As Longas, nº 10, 36130 Cerdedo – Pontevedra), ou ben contactando con Manuel Campos enviando un correo electrónico a mctoimil@hotmail.com.



II Cursos de Música Tradicional

         Está aberta a matrícula para os segundos cursos de música tradicional. A inscripción destes cursos non ten data límite. Terán o seu remate a finais do mes de Xuño do 2008. 

         As clases serán de: gaita galega, pandeireta e canto tradicional, baile tradicional e acordeón, impartíndose os Sabados na localidade de Barro de Arén.

         Os mestres serán: Rubén Troitiño (membro da "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo - Gaita galega); Marcelo González (membro da Asociación Cultural "Tear de Llerena" - Baile tradicional); Xandre Outeiro (membro da Asociación Cultural "Tear de Llerena" - Pandeireta e canto); Jesús Campos (membro do grupo "Os diplomáticos do acordeón" - Acordeón)

Para máis información prema aquí.



"Vai de Camiño ´07"

         Como xa sabedes, o pasado día 10 de Maio tivo lugar a presentación da programación cultural "Vai de Camiño 2007", compendio das actividades lúdico-culturais nas diferentes rutas xacobeas durante o verán, organizadas pola Consellería de Innovación e Industria, a través do Xacobeo. Trátase dun proxecto que intenta conformar un circuito cultural estable no que desenvolver unha programación anual diversificada, plural, participativa e de calidade, que reforce esta vía como a ruta cultural máis importante de Europa e que contribúa á dinamización económico-social dos camiños, das vilas, do territorio e das súas xentes.

         O 100% das actividades serán realizadas por artistas galegos coa intención de promover a súa actividade profesional e a súa capacidade creativa; potenciando asimesmo a popularización da cultura galega tanto entre os habitantes de Galiza como entre os camiñantes, turistas e público en xeral. 

         A Consellaría de Innovación e Industria e o Xacobeo contan nesta ocasión coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos, que escolleu a 72 grupos de música tradicional participantes no programa. A música tradicional estará presente en todas as grandes actuacións como a animación de rúa, os catro festivais de música tradicional ou os quince festivais de pequenas vilas cun formato acústico. Todos os participantes foron seleccionados das nosas bases de datos, elaboradas a partir das enquisas de músicos tradicionais que os nosos socios enviaron.

         Todos os interesados en coñecer ós grupos participantes no "Vai de Camiño 2007" teñen o listado aquí. O grupo "Os Abrentes de Cerdedo" foi un dos seleccionados.

http://www.gaiteirosgalegos.com/



I Cursos de Música Tradicional

         Está aberta a matrícula para os cursos de música tradicional. A inscripción destes cursos non ten data límite. Terán o seu remate a finais do mes de Xuño do 2007. 
As clases serán de: gaita galega, pandeireta e canto tradicional, baile tradicional e acordeón, impartíndose os Sabados na localidade de Cerdedo.

         Os mestres serán: Rubén Troitiño (membro da "Asociación Cultural Os Abrente de Cerdedo - Gaita galega); Marcelo González (membro da Asociación Cultural "Tear de Llerena" - Baile tradicional); Xandre Outeiro (membro da Asociación Cultural "Tear de Llerena" - Pandeireta e canto); Jesús Campos (membro do grupo "Os diplomáticos do acordeón" - Acordeón)

Para máis información prema aquí.



I Cursos de Música Tradicional

Os cursos de música tradicional xa están anunciados en internet:

-No foro l-gaita de yahoo: http://es.groups.yahoo.com/group/l-gaita/

-Na Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG): http://www.gaiteirosgalegos.com/



-Na páxina do Conservatorio Folque de Lalín: http://www.folque.com/



 

[Galego] - Castellano

Copyright © "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo" - Tódolos logos e marcas deste sitio son propiedade © A. C. Os Abrentes - Nota legal