O
nome de Cerdedo vén, segundo
Millán González, da verba
cerasetum (cerdeiras), planta
abundante en toda a zona. Aquí
existen restos arqueolóxicos
importantes das culturas
Castrexa (Castro de Castrodiz)
e dos dólmenes ou mámoas.
Pero o máis sobranceiro do
patrimonio son as importantes
obras en pedra como cruceiros,
igrexas, calzadas e pontes,
algunhas delas de orixe
romana. Son monumentos anónimos
de mestres canteiros da zona,
á que por tales obras deron
moita sona por todo Galicia.
Cerdedo é o concello máis
cercano ó mar dos tres que
forman a Terra de Montes.
Esto, xunto cunha altura media
moito máis pequena (360 m.)
outórgalle un clima máis
benigno, que permite a
colleita dalgunhas froitas que
en terras máis altas non
poden ser plantadas.
Situado na parte meridional da
Dorsal Galega, ten un
territorio disposto en
anfiteatro cara ó mar, cos
seus maiores cumios no alto do
Seixo (1024) e o outeiro do
Coto. O concello está formado
polas parroquias de Quireza,
Tomonde, Castro, Figueroa,
Pedre, Parada, Folgoso e
Cerdedo.
É percorrido dunha punta a
outra polo Lérez, e
paralelamente a el, po la
estrada N-541 que permite ó
viaxeiro chegar ó mar en
poucos minutos: mais, non só
ó mar, senón tamén á
capital da provincia e a
outras grandes vilas. É este
un dato que ten moita
importancia, pois o veciño de
Cerdedo pode vivir aquí e
traballar en Pontevedra, e de
aí que non amose un
envellecemento da poboación
tan importante coma o dos
outros dous concellos. Non
obstante, é o concello con máis
taxa de emigración. Tal é así
que dende o ano 1991 ó 1996 a
poboación descendeu 1017
habitantes, dos cales 885 non
corresponden ó movemento
vexetativo.