Fotografías

1994 - Unhas das primeiras actuacións en público, realizada sobre o ano 1994.

2002 - Actuación na
"XXIII Festa do Gateiro
de Soutelo", o día 17 de
Agosto (Soutelo de Montes -
Forcarei).

2003 - Actuación na
"XXIV Festa do Gateiro de
Soutelo", o día 23 de
Agosto (Soutelo de Montes -
Forcarei).

2006 - Actuación no Teatro
Principal en Pontevedra con
motivo da "Homenaxe ás
Pandeireteiras de Barro de Arén",
compartindo escenario cos
grupos: Tear de Llerena,
Leilia, Xirandola e Donicelas.
Día 4 de Xuño.


2008 - Actuación na "III
Festa Gastronómica do Xabarín",
o día 27 de Abril na
localidade de Cerdedo. Tamén
participaron nesta festa a
"Banda de Gaitas de
Barbude", A Estrada. O
pregón foi a cargo de Xabier
Fortes, director de
informativos da TVE en
Galicia.


2009 - Gravación
do programa "Alalá"
da Televisión de Galicia no
mes de Marzo adicado a
"Asociación Cultural Os
Abrentes de Cerdedo".
Nesta gravación colaboraron
as "Pandeireteiras de
Barro de Arén".


2009 - Actuación na "IV
Festa Gastronómica do Xabarín",
o día 26 de Abril na
localidade de Cerdedo. Tamén
participaron nesta festa as
"Pandeireteiras de Barro
de Arén" e o grupo folk
"A Roda".

Este
ano por primeira vez, a
"A. C. Os Abrentes de
Cerdedo" co motivo do XV
aniversario da asociación
montou un stand de música
tradicional expoñendo o seu
traballo (instrumentos,
partituras, fotografías,
videos...) coma un adianto do
libro "As bandas de música
de Cerdedo" que verá a
luz nos vindeiros meses.
Dende
a "A. C. Os Abrentes de
Cerdedo" queremos dalas
gracias a Jesús Campos e a Mª
Asunción García polas suas
colaboracions.

2009 -
Actuación na
homenaxe a "Os Alegres" de
Pontevedra, polo seu 70
Aniversario. Celebrado no
"Teatro Principal" da cidade
de Pontevedra, o día 5 de
Decembro, compartindo
esceario con:
·
Os do
luns (Poio)
·
Os
murgueiros da Xistra
(Coruxo)
·
Picuiña
(Marín)
·
Foula (Cotobade)
·
Os
terribles de Arousa
(Arousa)
·
Os
Abrentes de Cerdedo
(Cerdedo)
·
Os
Chichisos
(Pontevedra)
·
Val da
maia (Ames)

2010 - Actuación na "V
Festa Gastronómica do Xabarín",
o día 25 de Abril na
localidade de Cerdedo.


2010 - Actuación da Charanga
Tradicional "Os Abrentes de
Cerdedo" na "Foliada do demo
- Revive as verbenas
populares dos anos 50" o día
23 de Agosto (2010) na
localidade de Pontevedra (Praza
da Pedreira), compartindo
esceario con:
·
Os
Chichisos
(Pontevedra)
·
Os
trebellos (Morrazo)
2010 - Presentación do
libro "As bandas de música de
Cerdedo"
O
pasado Sábado día 27 de
Novembro ás 19:30 celebrouse
a presentación do libro "As
bandas de música de Cerdedo"
do autor Manuel Campos
Toimil (colaboran Xosé Luís
Troitiño e Rubén Troitiño)
no Centro Cultural de
Cerdedo (Auditorio). A este
acto sumáronse unhas 120
persoas que se achegaron ao
auditorio municipal.
A
presentación abriuse coas
palabras do presentador do
acto, Roberto Vázquez e foi
seguido dun video
explicativo sobre o libro. O
autor, Manuel Campos,
falounos da súa estructura e
fíxonos un pequeno esquema
de tódalas bandas de música
que existiron en Cerdedo.
Tamén se sumaron a esta
presentación algún dos
músicos daquelas bandas coma
Julio Durán, Pepe Varela,
Pepe Iglesias, Nicolas
García e Eduardo Troitiño os
cales contaron en primeira
persoa algunhas das
vivencias daqueles tempos.
Foron entregados exemplares
dos libros a estos músicos
por ser os informantes
principais para a
elaboración deste traballo.
Tamén foron entregados o
libro "As bandas de música
de Cerdedo" a: Representante
da Banda de música Unión de
Campolameiro (entrega Manuel
Campos) e ao "Concello de
Cerdedo" (entrega Rubén
Troitiño, Presidente da
"Asociación Cultural Os
Abrentes de Cerdedo" e
recolle o Sr.
Alcalde-Presidente da
Corporación Municipal de
Cerdedo D. Silvestre José
Balseiros Guinarte).