Menú
 

















Benvidos á páxina web da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo"

 

 

Formacións da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo"

 

         Na actualidade, a "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo", está integrada por dous grupos, o "Grupo de gaitas tradicionais Os Abrentes de Cerdedo" e a "Charanga Os Abrentes", de formación tradicional.

 

Grupo de gaitas tradicionais "Os Abrentes de Cerdedo"

         Formación tradicional tanto no seu vestiario, instrumentos... coma no seu repertorio, interpretando pezas da comarca Deza Tabeirós-Terra de Montes, e doutros grupos recoñecidos no panorama da música tradicional galega.

Charanga tradicional "Os Abrentes de Cerdedo"

         Formación na que instrumentos tradicionais se funden con instrumentos propios das bandas de música coma o saxofón ou o clarinete. Estas agrupacións eran típicas a finais do S.XIX tanto en Galicia coma en América.



 

[Galego] - Castellano

Copyright © "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo" - Tódolos logos e marcas deste sitio son propiedade © A. C. Os Abrentes - Nota legal