Fol
de veleno
Fanzine
cultural e de opinión para
dar a luz ás historia, xentes,
terras e cousas dun país
clandestino.
"Fol
de veleno" nace coa idea
de se-la praza da vila, o
patio de veciños, o carón da
lareira onde se coce o que
realmente importa na vida, o
que fai que a xente e as
sociedades estean vivas. Un
boletin que fale de nós, das
cousas de Pontevedra e das súas
parroquias.
Un
fanzine modesto libre e
independente que aspira a ser
un pequeno escaparate para
todos aqueles músicos,
artistas ou escritores do noso
contorno ós que o sistema
lles dificulta as
posibilidades de dar a coñece-lo
seu traballo e a súa obra.
Unha
fiestra para amosar aquelas
asociacións e persoas que
traballan arreo na defensa da
natureza e o contorno, na
divulgación da cultura
tradicional, na acción social
e veciñal, en definitiva, na
loita por unha sociedade máis
culta, xusta, igualitaria e
libre.
"Fol
de veleno" pretende ser
un pequeno e efímero mosaico
das nosas tradicións e
saberes, dos vellos oficios,
da nosa lingua, dos contos e
lendas. Da nosa cultura e
historia.
Un
taboleiro onde a xente de espçirito
inquedo colgue as súas
preocupacións, dúbidas e críticas
á sociedade na que vivimos.
Un espazo tamén para o debate
e o intercambio de ideas.
Por
último, unha modesta guía
para o lecer e para gozar cada
vez máis da nosa terra, das
nosas xentes e das insólitas
cousas que fan que este país
aínda siga a ser un país
clandestino.
Fol de Veleno
No
número 2 de este fanzine
aparece no apartado
"Galería de Sons",
inventario dos grupos
tradicionais e de folk do noso
entorno, a "Asociación
Cultural Os Abrentes de
Cerdedo".

Atrás