Menú
 
A. C. Os Abrentes
Onde Estamos?
Formacións
Exmembros
As Nosas Fontes
A Escola
Fotografías
Terra De Músicos
Prensa
Libro De Visitas
Outras Cousas
Descargas
Optimización
Agradecementos
Novas
Axenda
Enlaces
Contacto

Inicio


Benvidos á páxina web da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo"


 

Descargas

 

Información xeral da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo"

Presentación da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo"
Rider técnico de esceario da charanga.
Próxima publicación: "As bandas de música de Cerdedo"
Nota legal - www.osabrentes.com
Historial musical de Rubén Troitiño - Mestre
Historial musical de Pilar Gaiteiro - Mestre



Audio

"Como che vai miña rosa" - Gaiteiro solista, tambor e bombo con voces (2009)
Peza para gaita solista. Gravada xunto coas "Pandeireteiras de Barro de Arén".

"Rolandito" - Charanga tradicional Os Abrentes - Maqueta (2010)

"Muiñeira de Diosiño" - Charanga tradicional Os Abrentes - Maqueta (2009)
Muiñeira do acordeonista Diosiño.

"Muiñeira de Forcarei" - Grupo de gaitas tradicional Os Abrentes de Cerdedo (2009)
Cancioneiro Musical de Galicia, Casto Sampedro y Folgar (314).  Gravación en directo para o programa da TVG "Alalá".

"Foliada de Luxán" - Grupo de gaitas tradicional Os Abrentes de Cerdedo (1994)
Gravación en directo para o programa da TVG "Galicia Enteira".

"Muiñeira tradicional" - Grupo de gaitas tradicional Os Abrentes de Cerdedo (1994)
Gravación en directo para o programa da TVG "Galicia Enteira".



Video

Podes encontrar tódolos videos en: www.youtube.com/osabrentes

A "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" na homenaxe a "Os Alegres" de Pontevedra polos seus 70 anos

         Homenaxe a "Os Alegres" de Pontevedra polo seu 70 aniversario celebrado o día 5 de Decembro no "Teatro Principal" da cidade de Pontevedra . A "A. C. Os Abrentes de Cerdedo", entre outros grupos, foi convidada para participar neste acto.

Os grupos invitados para esta homenaxe foron:

Os do luns (Poio)
Os murgueiros da Xistra (Coruxo)
Picuiña (Marín)
Foula (Cotobade)
Os terribles de Arousa (Arousa)
Os Chichisos (Pontevedra)
Os Abrentes de Cerdedo (Grupo de gaitas - Cerdedo)
Val da maia (Ames)

 

 

Programa "Alalá" da Televisión de Galicia (TVG) adicado a "A. C. Os Abrentes de Cerdedo"

         Os Abrentes de Cerdedo son os herdeiros dunha inmensa fortuna: a enorme tradición musical que ten a comarca de Terra de Montes, unha zona onde houbo gaiteiros ilustres, como os gaiteiros de Soutelo; acordeonistas de sona; tres bandas de música a un tempo e pandereteiras en cada parroquia.

         Pois ben, cada un dos Abrentes foi recollendo o saber de todos estes mestres para condensalo, ás veces, como grupo de gaitas e outras como charanga. Eles, que son oito, están encantados de ser os continuadores na transmisión de todo este tesouro musical.

         As pandereteiras de Barro de Arén; Jesús Campos o dos Diplomáticos do Acordeón ou o coñecido gaiteiro e artesán Bartolo, son algúns dos mestres destes oito músicos dos Abrentes, entre os que hai un pai e un fillo e dous irmáns. Están convencidos de que a música une as xeracións e como xa a tiñan na casa só tiveron que decatarse do importante que era. Grazas a eles, segue habendo festa en Cerdedo, algo ao que os veciños estaban moi afeitos, pero que nos últimos anos foi indo a menos porque a xente marchou de alí para buscar traballo.

 

 

 

 

"Pandeireteiras de Barro de Arén" xunto con membros da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo" no "Luar"

         Actuación das "Pandeireteiras de Barro de Arén" xunto con tres dos membros da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo", Rubén Troitiño (gaita), Jesús Pérez (tambor) e José Cudeiro (bombo) no programa da TVG "Luar" na presentación da "IV Festa Gastronómica do Xabarín" de Cerdedo.

 

 

O grupo de gaitas "Os Abrentes" en Barro de Arén

Video gravado no local social de Barro de Arén un día de ruada.

 

As primeiras actuacións

Unha das primeiras actuacións da "A. C. Arxinas", que comprendía grupo de baile, e o grupo tradicional de gaitas, "Os Abrentes". Co paso do tempo desfíxose a "Asociación Cultural Arxina" quedando no seu lugar a "A. C. Os Abrentes de Cerdedo".

 

Gravación para o programa "Galicia Enteira" da TVG

Gravación para o programa "Galicia Enteira" da Televisión de Galicia (TVG) en 1997. Grupo de gaitas "Os Abrentes de Cerdedo" e o grupo de baile "Arxinas".


 

As Pandereteiras de Barro de Arén no programa "Alalá" da TVG

 

Video promocional do libro "As bandas de música de Cerdedo"

Próxima publicación: "As bandas de música de Cerdedo"



Algúns programas:

 

Se che fai falta algún programa para visualizar a páxina pódelos descargar dende aquí gratuítamente.


                       

 

[Galego] - Castellano

Copyright © "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo" - Tódolos logos e marcas deste sitio son propiedade © A. C. Os Abrentes - Nota legal