A
"Asociación Cultural Os
Abrentes de Cerdedo" ofrécelles
a posibilidade de amenizar os
seus eventos coa música en
directo dalgunha das súas
formacións:
Grupo de gaitas
tradicionais "Os
Abrentes de Cerdedo"
Formación
tradicional tanto no seu
vestiario, instrumentos...
coma no seu repertorio,
interpretando pezas da
comarca Deza Tabeirós-Terra
de Montes, e doutros
grupos recoñecidos no
panorama da música
tradicional galega.
Charanga
tradicional "Os Abrentes
de Cerdedo"
Formación
na que instrumentos
tradicionais se funden con
instrumentos propios das
bandas de música coma o
saxofón ou o clarinete.
Estas agrupacións eran típicas
a finais do S.XIX tanto en
Galicia coma en América.