Menú
 
A. C. Os Abrentes
Onde Estamos?
Integrantes
Exmembros
As Nosas Fontes
A Escola
Fotografías
Terra De Músicos
Prensa
Libro De Visitas
Outras Cousas
Descargas
Optimización
Agradecementos
Novas
Axenda
Enlaces
Contacto

Inicio


Benvidos á páxina web da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo"

 

 

Publicacións

 

"As Bandas de Música de Cerdedo"
(Próxima publicación)

"As Bandas de Música de Cerdedo" (Próxima publicación)
(Portada provisional)

 

www.osabrentes.com         As bandas de música marcaron un século enteiro da vida sociocultural de Cerdedo. No período que abrangue a segunda metade do século XIX e a primeira metade do XX funcionaron nesta vila alomenos catro bandas de música, ás veces de xeito simultáneo. Ademais, os músicos de Cerdedo mesmo fundaron bandas en outras localidades, coma Campo Lameiro ou A Cañiza. A pesares dunha historia musical tan prolífica, as referencias bibliográficas ao respecto son tan escasas que poden ser consideradas como anecdóticas. O libro "As Bandas de Música de Cerdedo" ven a encher este baleiro. Dende a "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo", pensamos que xa vai sendo hora de que Cerdedo comece a recoñecer que ten atrás unha historia musical impresionante. Unha historia que, a piques de ser esquecida, nunca tivo recoñecemento público dabondo.


         "As Bandas de Música de Cerdedo", que verá a luz nos vindeiros meses, é o resultado de máis de cinco anos de pescudas levadas a cabo por tres compoñentes do grupo de gaiteiros "Os Abrentes de Cerdedo". Nesta obra, téntase www.osabrentes.com reconstruir a historia das bandas cerdedenses nun apaixonante percorrido que nos leva a rememorar multitude de situacións e anécdotas. A historia das bandas é tamén a daquela xente que formaba parte delas. Así, ademais presentar a todos os directores, apórtanse datos biográficos de preto de 140 músicos que formaron parte dalgunha destas agrupacións. Todo isto ilustrado cunha gran cantidade de fotografías, a meirande parte delas con máis de 50 anos de antigüidade.


         Compre dicir que "As Bandas de Música de Cerdedo" é un proxecto que vai máis alá do propio libro. Nos anos de investigación recuperáronse e restauráronse algúns dos instrumentos que pertenceran ás diferentes bandas, así como parte das partituras que conformaban os seus repertorios. Trabállase ademais co propósito de recuperar algunhas das composicións para banda dos mestres cerdedenses.


         Se alguén de vostedes pensa que posúe material que poida ser interesante para ser incluído no libro que estamos preparando (fotografías, historias, datos bibliográficos dalgún músico da súa familia, etc.), se están interesados en reservar un exemplar desta obra, ou se desexan obter información adicional non dubiden en contactar con nós, ben ao traveso das direccións que figuran na nosa páxina web www.osabrentes.com (osabrentes@osabrentes.com ou Rúa As Longas, nº 10, 36130 Cerdedo – Pontevedra), ou ben contactando con Manuel Campos enviando un correo electrónico a mctoimil@hotmail.com.

 

Para calquer pregunta

Baixa o cartel do anuncio en Pdf

 

 

Copyright © 2006/08 A. C. Os Abrentes de Cerdedo - Tódolos logos e marcas deste sitio son propiedade © A. C. Os Abrentes