Menú
 
A. C. Os Abrentes
Onde Estamos?
Integrantes
Exmembros
As Nosas Fontes
A Escola
Fotografías
Terra De Músicos
Prensa
Libro De Visitas
Outras Cousas
Descargas
Optimización
Agradecementos
Novas
Axenda
Enlaces
Contacto

Inicio


Benvidos á páxina web da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo"

 

 

As Nosas Fontes 

 

         Na actualidade, a "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo", está integrada por dous grupos, o "Grupo de gaitas tradicionais Os Abrentes de Cerdedo" e a "Charanga Os Abrentes", de formación tradicional. O repertorio usado é tradicional, facendo diferencia no estilo de formación.

         O "Grupo de gaitas Os Abrentes" é unha formación tradicional tanto no seu vestiario, instrumentos... coma no seu repertorio, interpretando pezas da comarca Deza Tabeirós-Terra de Montes, como podían ser gaiteiros da zona de Cerdedo coma Serafín Fernández Nieto, Cesareo Troitiño Beiro... ou cuartetos de gaitas, coma o formado por Ramón José Lavandeira Limeres, Herminio Varela Nieto, Jesús Troitiño Sieiro e Antonio Troitiño Sieiro, ou "Os Gaiteiros de Soutelo"..., e doutros grupos recoñecidos no panorama da música tradicional galega.

         Por outra banda, na "Charanga tradicional Os Abrentes" os instrumentos tradicionais se funden con instrumentos propios das bandas de música coma o saxofón ou o clarinete. Estas agrupacións eran típicas a finais do S.XIX tanto en Galicia coma en América, as "orquestras" de antes, encargadas de amenizalos bailes coma os que se facían na Sala de Festas "Changüí" en Soutelo de Montes, no que se mesturaban a acordeonistas, gaiteiros, saxofonistas, percusionistas... e demáis músicos. Estas agrupacións cairon en desuso a mediados do S.XX.

 

       

           

 

Galego - Castellano

Copyright © 2006/08 A. C. Os Abrentes de Cerdedo - Tódolos logos e marcas deste sitio son propiedade © A. C. Os Abrentes