Menú
 
A. C. Os Abrentes
Onde Estamos?
Formacións
Exmembros
As Nosas Fontes
A Escola
Fotografías
Terra De Músicos
Prensa
Libro De Visitas
Outras Cousas
Descargas
Optimización
Agradecementos
Novas
Axenda
Enlaces
Contacto

Inicio


Benvidos á páxina web da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo"

 

Agradecementos

 

         O noso primeiro agradecemento vai para os veciños e veciñas de Barro de Arén, pola súa xenerosa hospitalidade. No seu local social os nosos ensaios convírtense, semana tras semana, en agradables horas de música, amizade e conversa.

         Tamén queremos adicar o noso traballo a tódalas fontes de onde brotou o repertorio do grupo, en especial aos músicos tradicionais da Terra de Montes, dos que tanto temos aprendido.

         Outro agradecemento particular para o músico Xosé Luis Represas por compoñer para Os Abrentes o fermoso "Pasodobre de Cerdedo".

         Non queremos esquecer ás comisións das festas que se lembran de nós a hora de elaborar os seus programas de festas. Gracias a elas podemos autofinanciar o grupo.

         Ás nosas familias por permitirnos dispor do tempo libre imprescindible para levar a cabo esta actividade.

         E por último, a todas aquelas persoas ás que lles gusta o folclore e se alegran porque Os Abrentes podamos seguir desfrutando xunto a eles da música tradicional galega.

 

Grazas a todos!

[Galego] - Castellano

Copyright © "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo" - Tódolos logos e marcas deste sitio son propiedade © A. C. Os Abrentes - Nota legal