Actuacións
Máis Destacadas
1997 - Actuación na "XVIII
Festa do Gateiro de Soutelo", o
día 23 de Agosto (Soutelo de
Montes - Forcarei). Outros dos
grupos participantes na Festa
do Gaiteiro foron: Colexio P.
Ribadumia, Tromentelo,
Tequexetéldere, Os Trazantes
de Tenorio, Os Gaiteiros de
Soutelo e Coros e Danzas Terra
de Montes.


1997 - Gravación para a
Televisión de Galicia no
programa "Galicia enteira".


2001 - Voda privada no Pazo de
Gondomar coa asistencia SAR
Principe de Asturias, no mes
de Xuño.

2001 - Actuación na "Festa da
Fervenza" en Vimianzo, no mes de
Setembro.

2002 - Actuación na "XXIII
Festa do Gateiro de Soutelo", o
día 17 de Agosto (Soutelo de
Montes - Forcarei).


2003 - Participación na
"Homenaxe ás xentes do mar: un
berro contra a incompetencia".
Sábado, 4 de Xaneiro de 2003
organizado por Verbo Xido
(Asociación Cultural e
Medioambiental de Terra de
Montes), no lugar da Casa do
Pobo de Pedre (Cerdedo-
Pontevedra) coa idea base de
informar da catástrofe do
Prestige no interior de Galiza,
enfatizando na axuda mutua
entre as xentes de terra
adentro e de mar, posto que
formamos parte dun mesmo país
e a todos e a todas en menor
ou maior medida nos afectan as
repercusións da desfeita. Tamén
se quere botar unha man, para
evitar que a xente que vive
directamente do mar teña un
doble castigo, producido pola
desinformación encol da
calidade dos seus productos e
a súa conseguinte
desvalorización. Outros
grupos participantes: Rabisaco
(Pontevedra), Viñalar
Fantastic Band (Pontevedra).
-Colaboradores:
Comunidade de Montes de Pedre
(Cerdedo), Coordinadora Pola
Defensa do Río Lérez,
Asociación Cultural
“Canle” de Lira (Carnota),
Etnográfico “Mascato”
(Cambados), Sindicato Labrego
Galego, AMEGROVE, Asociación
Pola Defensa da Ría
(Pontevedra), Asociación
Cultural “Cañón de Pau”
(Cotobade), Asociación de
Veciños “Santa Bárbara”
(Soutelo de Montes),
Plataforma "Nunca Máis".

2003 - Actuación na "XXIV
Festa do Gateiro de Soutelo", o
día 23 de Agosto (Soutelo de
Montes - Forcarei).


2004 - Participación no
"I
Festival Folc de Cerdedo".

2005 - Participación no
"II
Festival Folc de Cerdedo".

2006 - Participación na
"Homenaxe aos Gaiteiros de
Soutelo" organizada por Verbo
Xido (Asociación Cultural e
Medioambiental de Terra de
Montes). Participaron ademáis:
Os Chichisos de Pontevedra, Os
Trazantes de Tenorio, Os
Diplomáticos do Acordeón e
como gaiteiro solista Juanjo
Fernández


2006 - Actuación no Teatro
Principal en Pontevedra con
motivo da "Homenaxe ás
Pandeireteiras de Barro de Arén",
compartindo escenario cos
grupos: Tear de Llerena,
Leilia, Xirandola e Donicelas.
Día 4 de Xuño.


2006 - Actuación en Vilaboa
con motivo do Xacobeo´06:
"Vai de Camiño",
sons e representacións nos
camiños de Santiago.(Xunta de
Galicia: Conselleria de
innovación e industria; S.A.
de Xestión do Plan Xacobeo)




2006 - Actuación en "Sons
da Rapa", Domingo 2 de
Xullo (Sabucedo - A Estrada).


2006 - Actuación no "28
Congreso Nacional de
Farmacoloxía". Cambados
21/9/2006. Organizado polo
"Colexio Farmacéutico de
Santiago de Compostela".


2007 - Participación no
"II Festival de Reis"
celebrado no lugar de Santa
María de Sacos (Cotobade), día
6 de Xaneiro.

2007 - Actuación en Sanxenxo,
o día 28 de Xullo, con motivo
do Xacobeo´07: "Vai de
Camiño", sons e
representacións nos camiños
de Santiago. (Xunta de
Galicia: Conselleria de
innovación e industria; S. A.
de Xestión do Plan Xacobeo).


2007 - Participación na
"Homenaxe ao Gaiteiro de
Sorribas", Adelino Pichel, polo
centenario do seu nacemento


2007 - Sábado, 1 de Nadal,
Polafía en Cerdedo
(Pontevedra).
Proxecto da
Aelg e a D.X. de Creación e
Difusión Cultural.
As
polafías son
unha proxecto da
"Asociación de
Escritores en Lingua Galega"
(AELG), coordinado polo Vogal
de Literatura de Tradición
Oral, Antonio Reigosa, que
conta co patrocinio da
"Dirección Xeral de
Creación e Difusión Cultural
da Consellería de
Cultura" e coa colaboración
de diversas asociacións
locais.
A
palabra polafía é un
neoloxismo referido ás reunións
ou veladas de carácter
festivo con contidos
literarios e musicais, e ten
como obxectivo primordial o de
poñer en valor e rescatar do
esquecemento o valioso
patrimonio oral, literario e
musical, galego.
O
termo polafía quere reunir no
seu significado o mellor dos
diferentes matices e acepcións
de vellas palabras (polavilas,
fías, fiadas, fiandóns, seráns,...)
con semellantes contidos.
A
principal diferenza, en canto
ao desenvolvemento, daquelas
xuntanzas de antigo co desta
nova proposta é que agora
podemos, e debemos, axudarnos
das novas tecnoloxías, desde
os aparellos de gravación,
que favorecen o arquivo e
estudo do recompilado, ata o
uso de novas tecnoloxías,
caso de internet, que poden
contribuír a unha ampla
difusión deste patrimonio.
O
formato das polafías require
a presenza dun mantedor,
divulgador ou especialista que
introducirá e comentará as
principais características
das pezas e xéneros
literarios amosados; dun músico,
que interpretará romances,
coplas ou cantares de
raiceiras tradicionais. Sen
embargo, o elemento humano
transcendental e
imprescindible no
desenvolvemento de cada polafía
constituírano os homes e
mulleres, narradores,
cantadores,
romanceadores...etc, serán os
veciños de cada lugar onde se
desenvolva a polafía, pois
eles son os auténticos
protagonistas. O que suceda
nas polafías será gravado e
logo difundido a través da
web da AELG (Asociación
de Escritores en Lengua
Galega - http://www.aelg.org/).
As polafías terán unha
duración de entre 70-80
minutos.
POLAFÍA EN CERDEDO
(PONTEVEDRA)
Lugar: Antiga Cámara
Agraria
Data: sábado, 1 de
decembro de 2007
Hora: 19 horas
Interviron:
Divulgador: Carlos
Solla e Antonio Reigosa
Músico: Antón Castro
Narrador/a oral: Manuel
Cortizo, Xosé Cortizo, María
Varela
Na
mostra participaron a "A.
C. Os Abrentes de Cerdedo",
e Rubén Troitiño que tocou
cunha gaita "antiga",
de finais do século XIX que
fora propiedade do mestre e músico
Ramón Lavandeira Limeres.