"Asociación
Cultural Os Abrentes de
Cerdedo"
O
grupo de música tradicional
"Os Abrentes de Cerdedo"
naceu a partir dunha idea
municipal. Fundouse no ano
1994. Isto dou lugar a unha
asociación cultural, "Os
Arxinas", que comprendía
grupo de baile, e o grupo
tradicional de gaitas,
"Os Abrentes". Co
paso do tempo desfíxose a
"Asociación Cultural
Arxina" quedando no seu
lugar a "A. C. Os
Abrentes de Cerdedo",
baixo a dirección de Manuel
Campos Toimil (Fundador do
grupo folk "Tebra" e
gaiteiro no grupo de "La
Salle"), xa que el era o
que tiña máis experiencia
dentro do folclore. Na
percusión, o mestre foi
Antonio coñecido como
"Valladares", xa
falecido (Antigo membro dos
"Morenos de
Lavadores"). A "A.
C. Os Abrentes"
autosubencionase grazas ás
festas que realiza o grupo de
gaitas ó longo do ano.
Actualmente o grupo non ten
ningún mestre ó seu cargo.
A
"Asociación Cultural Os
Abrentes de Cerdedo" foi
creada para a conservación, o
estudo e a difusión da
música tradicional como parte
fundamental da cultura e
tradición do pobo galego,
centrando o seu estudo na
comarca Deza-Tabeirós Terra
de Montes.
Na
actualidade, a
"Asociación Cultural Os
Abrentes de Cerdedo",
está integrada por dous
grupos, o "Grupo de
gaitas tradicionais Os
Abrentes de Cerdedo" e a
"Charanga Os
Abrentes", de formación
tradicional.

Imaxe
do escudo da "Asociación
Cultural Os Abrentes de
Cerdedo" debuxado no
bombo do grupo de gaitas.

A
imaxe do escudo foi feito a
partir dunha unión da ponte
romana de "San
Antón" e das torres da
igrexa parroquial "San
Xoán" de Cerdedo.

Xunta
directiva:
Presidente:
D. Rubén
Troitiño García
Secretaria:
Dna. Ana María
Marante Ruzo
Tesoureiro:
D. Jesús Pérez Soto
Vocais:
D. José Cudeiro
Rodríguez
Mestres:
D. Rubén Troitiño García
Dna. Pilar Gaiteiro Taboada
D. Gumersindo Pérez Soto